ADEUS RAPAZA

Dín que era de madeira
a lanchiña que a levaba,
unhos falan de carballo
uotros dín que de castaño,
postos a falar non paran,
a xuntanza do homeaxe
semella mais unha feira.

Pidolles que teñan calma,
e un pouquiño de respeto,
ninguén me quere escoitar
arredor todos son berros,
a razón de estar eiquí
vexo que non tén obxecto,
ela foise rio abaixo
mentres dormían os vellos.

Dín que era de madeira
moi pouca cousa e lixeira,
unha lanchiña pequeña
para persoa tan grande
por moito que non quixera
creer ela a sua grandeza,
enorme na súa prudencia.

Votouse o rio de noite
saltando duas cancelas,
dín que deixou unas letras
enriba dunha maseira,
“ Agora por fín serei libre
sexa no mar ou na aréa
non vou a seguir chorando,
quero navegar sin velas
que me leven as mareas,
lonxe da cárcere sin rexas
onde tiven que esconder
pensamentos e ideas
de moi xusta liberdade.”

Dín que era de madeira
a lanchiña que a levaba,
de noite coa luz da lua
deixouse ir, nin remaba,
hoxe veñen estas xentes
que onte nín para ela ollaban,
a facerlle un homeaxe,
e ninguén de ela fala.

Que si era de castaño…
Que si era de carballo…
A lanchiña que a levaba!!

África Sánchez López