Inicio

Sentimientos versados para el universo

SON PERSOA

SON PERSOA

Quero sair do dominio
das leis de outros tempos,
quero sair como muller
como persoa,
quero falar de loita e liberdade,
sair do alxube
que a gusto dos máis cobardes
construiron no meu redor,
puxandome
a vivir con incerteza,
con floxos alicerses
de pensamento e verdade.

Quero voltar a fala natural
dos meus pais
e dende ese abrente
estoupar a beixos
con aqueles que me entenden
e festexar,
festexar como muller,
como persoa,
non tanto aquilo
que acadei medrando
como tamén todo o xa superado.

Quero sorrir,
quero sorrir nun raiolar novo,
nunha illa de xustiza
onde o argazo nas rochas
me fagan máis muller
porque xa son persoa.

África Sánchez López

TEMPOS QUE NON TEÑEN QUE VOLTAR

TEMPOS QUE NON TEÑEN QUE VOLTAR

Foron tempos de rio e pizarra,
de caixóns de madeira e mans brancas
comidas por a lixivia,
tempos de fame, fame que xiraba
coma serpe enroscada
en días de inxustiza.

Tempos que imos a esquencer
por desexo propio,
mais non deixa o corpo, bailar sen dor
neste noso presente,
e saen feridas que ladran
coma cans abandonados
por donos ausentes.

Tempos que labraron en nais traballadoras
pegadas, nos ósos de brazos e pernas,
dor con memoria nas entrañas
facendo estragos nas carnes todas.

Tempos que non han de voltar,
mais asemella que estamos a consentir
viaxes a un duro pasado
con as bocas silenciadas
e os ollos pechados.
Iso asomella. Que tristura, que pena!

África Sánchez López
2018

OLLANDO AO LONXE

OLLANDO AO LONXE

Hoxe non quenta o sol,
pode que chova,
levo tempo ollando ao lonxe,
agardando amizades
que naveguen,
na crista das ondas
cantando en galego,
pode que chova
pero sempre soará a gaita
na veira do mar
dos meus adentros.
Levo tempo ollando ao lonxe,
non me cega o sol,
non quenta hoxe,
andan os nenos brincando,
os nenos, cos pés mollados
orfos de pai
agardo que temporalmente,
ollando tamén ao lonxe
por si unha proa bailara
con cores da nosa xente.
Levo tempo ollando ao lonxe,
amainou o temporal,
xa estou a escoitar a gaita
teño a sorisa na cara,
un mariñeiro que berra,
“ nena, eiqui está teu pai”
e xa non xogan os nenos
van correndo cara o mar,
eu sigo ollando ao lonxe,
por si pasar puidese
un milagro que contar.
Pode que chova,
na veira do mar.

África Sánchez López.

ADEUS RAPAZA

ADEUS RAPAZA

Dín que era de madeira
a lanchiña que a levaba,
unhos falan de carballo
uotros dín que de castaño,
postos a falar non paran,
a xuntanza do homeaxe
semella mais unha feira.

Pidolles que teñan calma,
e un pouquiño de respeto,
ninguén me quere escoitar
arredor todos son berros,
a razón de estar eiquí
vexo que non tén obxecto,
ela foise rio abaixo
mentres dormían os vellos.

Dín que era de madeira
moi pouca cousa e lixeira,
unha lanchiña pequeña
para persoa tan grande
por moito que non quixera
creer ela a sua grandeza,
enorme na súa prudencia.

Votouse o rio de noite
saltando duas cancelas,
dín que deixou unas letras
enriba dunha maseira,
“ Agora por fín serei libre
sexa no mar ou na aréa
non vou a seguir chorando,
quero navegar sin velas
que me leven as mareas,
lonxe da cárcere sin rexas
onde tiven que esconder
pensamentos e ideas
de moi xusta liberdade.”

Dín que era de madeira
a lanchiña que a levaba,
de noite coa luz da lua
deixouse ir, nin remaba,
hoxe veñen estas xentes
que onte nín para ela ollaban,
a facerlle un homeaxe,
e ninguén de ela fala.

Que si era de castaño…
Que si era de carballo…
A lanchiña que a levaba!!

África Sánchez López

TAMÉN GRANDE

Apenas se fala da tua loita,
dese escriver de gran poeta
que fuxindo do acomodo,
quixeche ser tí, e non outra.

Pola contra, o mundo sin loas,
a favor, só unhos poucos de fora,
atenazándote a morte
e ti, sin miramentos,
valente,
fuxindo das mesmas paisaxes
onde outras foran mortas
seguiches cara adiante
forte, potente,
co corazón latexando
e novos versos na mente.

es_ESSpanish
es_ESSpanish