OLLANDO AO LONXE
OLLANDO AO LONXE
Hoxe non quenta o sol,
pode que chova,
levo tempo ollando ao lonxe,
agardando amizades
que naveguen,
na crista das ondas
cantando en galego,
pode que chova
pero sempre soará a gaita
na veira do mar
dos meus adentros.
Levo tempo ollando ao lonxe,
non me cega o sol,
non quenta hoxe,
andan os nenos brincando,
os nenos, cos pés mollados
orfos de pai
agardo que temporalmente,
ollando tamén ao lonxe
por si unha proa bailara
con cores da nosa xente.
Levo tempo ollando ao lonxe,
amainou o temporal,
xa estou a escoitar a gaita
teño a sorisa na cara,
un mariñeiro que berra,
“ nena, eiqui está teu pai”
e xa non xogan os nenos
van correndo cara o mar,
eu sigo ollando ao lonxe,
por si pasar puidese
un milagro que contar.
Pode que chova,
na veira do mar.
África Sánchez López.