SON PERSOA

Quero sair do dominio
das leis de outros tempos,
quero sair como muller
como persoa,
quero falar de loita e liberdade,
sair do alxube
que a gusto dos máis cobardes
construiron no meu redor,
puxandome
a vivir con incerteza,
con floxos alicerses
de pensamento e verdade.

Quero voltar a fala natural
dos meus pais
e dende ese abrente
estoupar a beixos
con aqueles que me entenden
e festexar,
festexar como muller,
como persoa,
non tanto aquilo
que acadei medrando
como tamén todo o xa superado.

Quero sorrir,
quero sorrir nun raiolar novo,
nunha illa de xustiza
onde o argazo nas rochas
me fagan máis muller
porque xa son persoa.

África Sánchez López