SON PERSOA
SON PERSOA Quero sair do dominio das leis de outros tempos, quero sair como muller como persoa, quero falar de loita e liberdade, sair do alxube que a gusto dos máis cobardes construiron no meu redor, puxandome a vivir con incerteza, con floxos alicerses de pensamento e verdade. Quero voltar a fala natural dos meus pais e dende ese abrente estoupar a beixos con aqueles que me entenden e festexar, festexar como muller, como persoa, non tanto aquilo que acadei medrando como tamén todo o xa superado. Quero sorrir, quero sorrir nun raiolar novo, nunha illa de xustiza onde o argazo nas rochas me fagan máis muller porque xa son persoa. África Sánchez López
TEMPOS QUE NON TEÑEN QUE VOLTAR
TEMPOS QUE NON TEÑEN QUE VOLTAR Foron tempos de rio e pizarra, de caixóns de madeira e mans brancas comidas por a lixivia, tempos de fame, fame que xiraba coma serpe enroscada en días de inxustiza. Tempos que imos a esquencer por desexo propio, mais non deixa o corpo, bailar sen dor neste noso presente, e saen feridas que ladran coma cans abandonados por donos ausentes. Tempos que labraron en nais traballadoras pegadas, nos ósos de brazos e pernas, dor con memoria nas entrañas facendo estragos nas carnes todas. Tempos que non han de voltar, mais asemella que estamos a consentir viaxes a un duro pasado con as bocas silenciadas e os ollos pechados. Iso asomella. Que tristura, que pena! África Sánchez López 2018
OLLANDO AO LONXE
OLLANDO AO LONXE Hoxe non quenta o sol, pode que chova, levo tempo ollando ao lonxe, agardando amizades que naveguen, na crista das ondas cantando en galego, pode que chova pero sempre soará a gaita na veira do mar dos meus adentros. Levo tempo ollando ao lonxe, non me cega o sol, non quenta hoxe, andan os nenos brincando, os nenos, cos pés mollados orfos de pai agardo que temporalmente, ollando tamén ao lonxe por si unha proa bailara con cores da nosa xente. Levo tempo ollando ao lonxe, amainou o temporal, xa estou a escoitar a gaita teño a sorisa na cara, un mariñeiro que berra, “ nena, eiqui está teu pai” e xa non xogan os nenos van correndo cara o mar, eu sigo ollando ao lonxe, por si pasar puidese un milagro que contar. Pode que chova, na veira do mar. África Sánchez López.
ADEUS RAPAZA
ADEUS RAPAZA Dín que era de madeira a lanchiña que a levaba, unhos falan de carballo uotros dín que de castaño, postos a falar non paran, a xuntanza do homeaxe semella mais unha feira. Pidolles que teñan calma, e un pouquiño de respeto, ninguén me quere escoitar arredor todos son berros, a razón de estar eiquí vexo que non tén obxecto, ela foise rio abaixo mentres dormían os vellos. Dín que era de madeira moi pouca cousa e lixeira, unha lanchiña pequeña para persoa tan grande por moito que non quixera creer ela a sua grandeza, enorme na súa prudencia. Votouse o rio de noite saltando duas cancelas, dín que deixou unas letras enriba dunha maseira, “ Agora por fín serei libre sexa no mar ou na aréa non vou a seguir chorando, quero navegar sin velas que me leven as mareas, lonxe da cárcere sin rexas onde tiven que esconder pensamentos e ideas de moi xusta liberdade.” Dín que…
TAMÉN GRANDE
Apenas se fala da tua loita, dese escriver de gran poeta que fuxindo do acomodo, quixeche ser tí, e non outra. Pola contra, o mundo sin loas, a favor, só unhos poucos de fora, atenazándote a morte e ti, sin miramentos, valente, fuxindo das mesmas paisaxes onde outras foran mortas seguiches cara adiante forte, potente, co corazón latexando e novos versos na mente.